As eleccións municipais do 28 de maio converteron a Andrés Díaz no alcalde máis votado do PSOE na provincia "por encima de Abel Caballero", destaca el mesmo. Volverá gobernar en Ponte Caldelas cunha folgada maioría absoluta.
"Agradezo moito que a xente responda tan ben", asegurou Díaz, especialmente ante un contexto "moi malo" para os socialistas na provincia, coa perda da Deputación, e en todo o Estado, onde ceden gran parte do seu poder territorial.
O PSOE, nesta cita electoral, logrou aumentar un 10% a súa porcentaxe de votos en Ponte Caldelas, ata un 61,59%, o que se traduce en oito concelleiros de trece. O PP de Antón Xil e o BNG de Sol Seoane, a pesar de baixar en votos, conservan tres e dous edís respectivamente.
O alcalde recoñece que este aumento de apoio popular foi unha "sorpresa" e lamenta quedar "co mel nos beizos" e non conseguir un noveno edil "por moi pouco".
En todo caso, Andrés Díaz celebra que os veciños de Ponte Cadelas "valoren o traballo e o noso esforzo por mellorar a vida da xente", así como o seu compromiso de "tratar a todo o mundo por igual", voten a quen voten.
Díaz asegura afrontar un novo mandato "con ilusión, forza e moito traballo" para seguir avanzando na transformación do municipio. "Estou moi contento", sentenciou.