Ángel Moldes presenta a candidatura do PP de Poio como "a única que se presenta para gañar e gobernar"

Poio
15 de abril 2023

O Bosque de Colón foi o lugar elixido polo Partido Popular de Poio para presentar a lista coa que concorrerá ás eleccións municipais do próximo 28 de maio

Presentación da candidatura do PP de Poio ás eleccións municipais
Presentación da candidatura do PP de Poio ás eleccións municipais / Partido Popular de Poio

O Bosque de Colón foi o lugar elixido polo Partido Popular de Poio para presentar a lista coa que concorrerá ás eleccións municipais do próximo 28 de maio.

Ángel Moldes, candidato á alcaldía pola formación popular, describiu aos seus compañeiros como "un equipo preparado, ilusionado, que coñece a administración e que ten a capacidade e coñecementos para poder gobernar desde o primeiro día". Todo iso "con xente de todas as parroquias e auténticos representantes da sociedade de Poio".

De feito, asegura Moldes, a do PP é a única candidatura "que se presenta para gañar e gobernar". Coa base do equipo que sepresentó en 2019 e "gañou en todas as parroquias" pero con algún que outro reforzo, o cabeza de cartel do Partido Popular defendeu que o seu será "un proxecto para unir e servir a todos os veciños e veciñas", aínda que consciente que necesita unha maioría suficiente porque os comicios serán "todos contra Ángel Moldes".

"A xente quere cambio e ve que o 28 de maio é o momento para conseguilo apoiando un proxecto sólido", defendeu na súa intervención.

A lista electoral do PP de Poio compóñena: 1-Ángel Moldes Martínez, 2-Rocío Cochón Castro, 3-Cándido Muíños Balea, 4-María José González López, 5-Manuel Domínguez Álvarez, 6-Marcial García Freijeiro, 7-María Natividad Torres Balea, 8-Tamara González Ouviña, 9-Natalia Sabarís Castro, 10-Francisco Javier Da Silva Iglesias, 11-Elisabeth Moreda Martínez, 12-Lino Pazos Nieto, 13-Hortensia Baquero Hernández, 14-José Vicente Pérez Pazos, 15-Jaime Martínez Rial, 16-Susana Castiñeira Antón, 17-Sergio Veiga Touceda.

Completal a candidatura como suplentes: 18-Ramón Pesqueira Muñiz, 19-Juan José Buceta Sanmartín, 20-Ángeles Torres Esperón, 21-Adrián Esperón Pequeno, 22-Ana Vázquez Rivas, 23-Fernando Rial Esperón, 24-Lidia Julia Janeiro Díez, 25-Jesús Míguez Gómez, 26-Patricia Arizaga Diz, 27-José Ramón Ansín Sanmartín.