O candidato do Partido Popular á Alcaldía de Poio, Ángel Moldes, presentou este luns a súa proposta para dotar de beirarrúas a PO-303 ao seu paso por Samieira.
O popular indicou que é unha actuación "moi prioritaria" para a súa candidatura.
Ademais dunha senda peonil, o proxecto inclúe a construción de pasos de peóns, elementos de calmado de tráfico e zonas de estacionamento "con espazo suficiente". Será unha actuación "sensible co entorno, dialogada cos veciños e respectuosa coas propiedades existentes na zona", indicou.
Moldes asegurou que a súa "folla de ruta" será: primeiro ter un proxecto, despois dialogar coa veciñanza "para evitar problemas de expropiacións, cerramentos, ocupacións" e por último, coordinar coa Xunta "para a execución dese investimento e a construción das beirarrúas".