Ángel Moldes, próximo alcalde de Poio: "Mucha gente no votó al Partido Popular, votó a Ángel Moldes"

Poio
29 de maio 2023

Despois de conseguir a maioría absoluta, o candidato do Partido Popular afirma sentirse contento, feliz e canso. Asegura que a súa idea é "gobernar para todos" e as súas prioridades céntranse na cuestión económica. Indica que quere preparar unha planificación para mellorar as infraestruturas deportivas; crear as sendas; e humanizar a PO-308 e San Salvador nos vindeiros catro anos

Ángel Moldes recibe felicitacións polos resultados electorais que lle permitirán ocupar a alcaldía de Poio con maioría absoluta
Ángel Moldes recibe felicitacións polos resultados electorais que lle permitirán ocupar a alcaldía de Poio con maioría absoluta / PontevedraViva
Ángel Moldes analiza os resultados que lle deron a maioría absoluta no Concello de Poio /

Ángel Moldes, candidato do Partido Popular, será o próximo alcalde de Poio despois de lograr a maioría absoluta nos comicios celebrados este domingo. Logrou un total de 10 dos 17 concelleiros da corporación, incrementando en dous edís os resultados obtidos en 2019, cando a lista do PP xa fora a máis votada.

Estamos "contentos, felices y cansados", afirmaba este luns con ganas de "asumir esa responsabilidad y confianza".

Moldes explicaba que a situación no reconto foi similar á de catro anos antes "pero esta vez con buena suerte", recoñece indicando que mesmo "perdendo 700 votos" lograrían o décimo concelleiro ao ter case 5.000 votos de apoio. Asegura que foi "un respaldo muy importante".

O seu reto é "no defraudar a los vecinos y gobernar para todos" e admite que "tenemos mucho voto prestado. Mucha gente no votó al Partido Popular, votó a Ángel Moldes y la idea es gobernar para todos, para los que nos votaron, para los que son afiliados nuestros, para los que no son y para los que no nos votaron".

A súa principal preocupación a partir do momento en que tome o bastón de mando será a cuestión económica. "Se lo que debemos a los bancos y sé que estos meses el gasto fue excesivo. Quiero tener claro dónde estamos, de dónde partimos, qué partidas están agotadas", manifesta en relación ás contas do Concello de Poio.

En canto a primeiras accións, indica que tentará cumprir co programa do Partido Popular baseado en "proyectos muy básicos y demandas reales".

Márcase realizar no próximos catro anos a mellora de infraestruturas deportivas como a ampliación do ximnasio, piscina e pavillón; a creación de sendas; e a humanización da PO-308 e da parroquia de San Salvador.

Moldes terá na oposición ao PSOE con catro concelleiros e ao BNG con tres.