Animatrón énchese de actividades para escolares

Pontevedra
16 de xullo 2019

Os xogos e as propostas lúdicas desta iniciativa continuarán ata o o xoves 18 de xullo, en horario de 18.00 a 21.00 horas. Desenvólvense actuacións de música, monicreques e obradoiros temáticos

Animatrón 2019
Animatrón 2019 / Cristina Saiz

Este luns iniciábanse as múltiples actividades infantís no Parque das Palmeiras no espazo Animatrón. Entre as 18.00 e as 21.00 horas, os escolares participaron de diferentes propostas con obradoiros de maquillaxe e tatuaxes, ademais de actuacións de pallasos, equilibristas e unha proposta sorprendente para menores de cinco anos consistente na construción da súa propia cidade empregando materiais como carretas e bloques de plástico.

Ata o xoves, esta zona convertirase durante as tardes nun lugar de xogos en que non faltará música a cargo do Home Orquestra ou divertidas sesións con xogos sonoros a cargo de Rivel.

Cada día, os pequenos poderán gozar de obradoiros temáticos para coñecer a cultura dos indios ou o universo sempre coa posibilidade de empregrar monociclos, zancos e outros elementos de diversión.