Antes de fin de ano estará reformada con lombos a rúa entre Valdecorvos e Santa Margarida

Pontevedra
28 de xullo 2017

O concelleiro delegado da parroquia de Mourente, Alberto Oubiña mantivo na tarde do xoves un encontro cos veciños da Rúa do Costado para ofrecerlles información sobre o inicio das obras de mellora

Rúa do Costado
Rúa do Costado

Ao longo do próximos catro meses vai acometerse a rehabilitación integral do firme da Rúa do Costado, que une Valdecorvos con Santa Margarida, na parroquia de Mourente.

Forma parte das obras que se acometerán neste espazo onde se reformará a rede de augas pluviais para a recollida de choiva e a instalación de elementos de acougado de tráfico, os coñecidos como "lombos", para evitar que os vehículos circulen a grandes velocidades nesta contorna.

O concelleiro delegado da parroquia de Mourente, Alberto Oubiña, mantiña durante a tarde do xoves un encontro cos veciños afectados para anunciarlles o inicio inmediato destes traballos que reformarán o entroncamento con Valdecorvos e o tratamento dunha vía perimetral

A rehabilitación desta rúa foi adxudicada á empresa Ediserpo por 235.591 euros. O prazo de execución é de catro meses. Trátase dunha vía moi frecuentada tanto a pé como en vehículo desde a parroquia de Mourente ata a cidade.