Un antigo inmoble de Xesteira será reconvertivo nun centro social

Cerdedo Cotobade
29 de xuño 2026

A operación será posible grazas a unha subvención de 42.000 euros concedida pola Deputación de Pontevedra a través do Plan +Provincia

El Concello adquirirá un inmueble en Xesteiras Concello de Cerdedo Cotobade

O Concello de Cerdedo Cotobade ampliará a súa rede de equipamentos públicos coa adquisición dun inmoble en desuso na localidade de Xesteira, que será transformado nun novo centro social para a parroquia.

A operación será posible grazas a unha subvención de 42.000 euros concedida pola Deputación de Pontevedra a través do Plan +Provincia.

A compra do edificio permitirá incorporar este espazo ao patrimonio municipal para polo ao servizo dos veciños. Unha vez formalizada a adquisición, o Concello encargará o proxecto de rehabilitación co obxectivo de adaptar o inmoble aos seus futuros usos comunitarios.

A axuda provincial chega despois de autorizar un cambio no destino duns fondos que inicialmente estaban reservados para outra actuación.

Esa modificación permitiu ao goberno local impulsar unha iniciativa que considera importante para reforzar a vida social e asociativa de Xesteira.

O futuro local social está concibido como un espazo para acoller reunións veciñais, actividades culturais e propostas impulsadas polo tecido asociativo da parroquia.

Desde o Concello consideran que dispor deste tipo de instalacións resulta esencial para manter activos os núcleos rurais e favorecer a participación cidadá.

O alcalde de Cerdedo Cotobade, Jorge Cubela destacou que este proxecto se enmarca na estratexia municipal de seguir mellorando os servizos nas parroquias e defendeu que o desenvolvemento do municipio pasa por fortalecer o medio rural con novas infraestruturas e espazos de convivencia.

Nese sentido, subliñou que cada investimento busca mellorar a calidade de vida dos residentes e facer máis atractivos os pobos para quen deciden vivir neles.

O rexedor tamén puxo en valor a capacidade do Concello para aproveitar as distintas liñas de financiamento dispoñibles e converter as demandas veciñais en proxectos concretos. Ao seu xuízo, a xestión municipal debe basearse no contacto permanente coa cidadanía e en dar resposta ás necesidades que trasladan os veciños.