Ao mal tempo boa Kata

Pontevedra
01 de maio 2015

A multitudinaria festa que reune cada ano aos estudantes universitarios pontevedreses volveu demostrar a súa capacidade de convocatoria, nun ambiente san no que non houbo incidentes, tal e como anunciaban algúns profesores agoreros, que ano tras ano organizan no Campus unha cruzada contra este evento xuvenil que cualifican de "simple botellón"

Celebración de Santa Catabirra
Celebración de Santa Catabirra / Daniel Santomé

A chuvia non puido co ambiente festivo da celebración de Santa Katabirra.

A multitudinaria festa que reune cada ano aos estudantes universitarios pontevedreses volveu demostrar a súa capacidade de convocatoria, nun ambiente san no que non houbo incidentes, tal e como anunciaban algúns profesores agoreros, que ano tras ano organizan no campus unha cruzada contra este evento xuvenil que cualifican de "simple botellón".

Santa Kata é a festa dos estudantes de Ciencias Sociais e da Comunicación, e dos alumnos de Publicidade e Relacións Públicas e Xestión e Administración Pública.

Santa Catalina de Siena, a patroa, queda dentro da Facultade, para iso contrátanse gardas de seguridade e pechan as súas portas. Fóra no campus os universitarios celebran a súa propia versión, Santa Kata, sen misas nin barretes e alleos á polémica.