O PSOE de Poio denunciaba este luns o ataque sufrido na súa sede durante a noite ao ser pintada a fachada exterior coas frases: "falsa esquerda" e "inimigos de España".
Desde a agrupación que lidera Gregorio Agís indican que o acto procede de "individuos que só buscan provocar odio e violencia na nosa sociedade".
Desde a Agrupación Socialista de Poio condenan "con firmeza estes feitos lamentables" e confirman que manterán o seu traballo "en favor da democracia e da liberdade".
Sinalan que quen realiza este tipo de actuacións se retrata a si mesmo e retrata tamén ás agrupacións políticas que "fomentan a crispación e a violencia, en detrimento de a convivencia".
Polo momento descoñécese a autoría desta acto vandálico. Segundo os socialistas de Poio recoñecen que nunca se produciu un feito similar nesta sede.
Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde
Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.