Aposta por crear unha comunidade enerxética local en Moraña

Umia
18 de xuño 2024

O deputado provincial Javier Tourís e o alcalde de Moraña Sito Gómez reuníronse na mañá deste martes na Deputación para impulsar a creación da comunidade, aberta á veciñanza, ao comercio e á hostalaría local do municipio

Concello de Moraña
Concello de Moraña / Concello de Moraña

Este martes establecíanse as bases para que a Deputación de Pontevedra colabore co Concello de Moraña na creación dunha comunidade enerxética local a través da Oficina de Transformación Comunitaria do programa +Renovable da institución provincial.

Javier Tourís, deputado provincial, e o alcalde de Moraña, Sito Gómez, mantiñan un encontro para estudar a creación desta comunidade. 

Este espazo será aberto á cidadanía, ao comercio e á hostalería local do municipio nun radio máximo de dous quilómetros en relación ao momento en que se produce a enerxía fotovoltaica.

Desde a Deputación, Tourís ofreceu os servizos de acompañamento no proceso, asesoramento e formación que se desenvolven desde a Oficina financiada con fondos NextGeneration. 

O Concello de Moraña ten a intención de poñer ao dispor da comunidade enerxética local a cuberta dos edificios de titularidade municipal para que se instalen paneis fotovoltaicos.

Estes paneis xerarán enerxía renovable para autoconsumo colectivo. Esta medida supoñería unha aforro nas facturas do gasto enerxético das persoas que se integren no proxecto.

A idea é destinar a propostas a persoas en situación de vulnerabilidade enerxética.

Está previsto que se realice unha reunión informativa pública en Moraña para ofrecer detalles sobre a iniciativa.