Aprender a resolver situacións coas crianzas buscando a felicidade

Pontevedra
21 de maio 2016

Este venres ás 17.30 horas desenvolveuse un obradoiro coa conferencia de Cristina Fariñas dentro do programa APEGO consistente nun encontro familiar creativo

Sesión de Encontros familiares creativos
Sesión de Encontros familiares creativos / Mónica Patxot

A psicóloga Cristina Fariñas desenvolveu unha charla-obradoiro na Casa da Luz dentro do Programa APEGO, que busca a socialización en lingua galega a través de establecer vínculos entre os menores e a familia, asentando o arraigamento a Galicia. Este programa promovido polo equipo municipal de Normalización Lingüística en Pontevedra busca adaptarse ás necesidades das nais e dos pais que asisten a estas actividades.

Durante a tarde deste venres, Cristina Fariñas creou un espazo para que as familias con menores de seis anos compartisen inquedanzas, dúbidas e ideas para resolver situacións habituais nos comportamentos das crianzas.

A psicóloga ofreceulles asesoramento coa intención de que se busque unha contorna de felicidade na que se atopen a gusto.

Mentres os adultos atendían ás explicacións, os nenos entretíñanse lendo contos ou tomando a merenda, nun ambiente de xogos.