Ampliar o ancho da vía desde os cinco ata os sete metros e mellorar o trazado da estrada rectificando varias curvas. É a actuación que a Xunta de Galicia vai a realizar na PO-230, entre Serrapio e Vichocuntín, no concello de Cerdedo-Cotobade.
Nesta actuación, o goberno galego investirá máis de 600.000 euros.
Será precisa a expropiación de 26 fincas para acometer as obras, que se desenvolverán entre os puntos quilométricos 12+650 e 14+430 desta estrada autonómica.
A Consellería de Infraestruturas e Vivenda prevé licitar nas vindeiras semanas estes traballos, consistentes no ensanche e mellora da estrada, un treito de 1,8 quilómetros, desde o núcleo de Serrapio ata o punto final da estrada, na intersección coa Nacional 541, en Vichocuntín.
Ademais da ampliación da calzada e a rectificación das curvas, actuarase na drenaxe da plataforma, prevendo tamén o tendido e revestimento das gabias de seguridade.
Está previsto tamén construír muros de contención nos puntos necesarios e renovar a sinalización horizontal, vertical e de balizamento.
Con estes traballos mellorarase a seguridade viaria e a comodidade na circulación dos usuarios desta vía.