Aquí están as candidaturas aos premios Cidade de Pontevedra

Pontevedra
05 de xaneiro 2018

Os médicos Víctor Pedreira e Javier Cabo, o triatleta Pablo Dapena e a portavoz veciñal María Luz Fernández son as propostas na categoría de persoa física. E tamén se presentaron outras catro candidaturas á categoría de persoa xurídica

A Escola Xadrez Pontevedra celebra o Día das Letras Galegas 2017
A Escola Xadrez Pontevedra celebra o Día das Letras Galegas 2017 / Diego Torrado

Os Premios Cidade de Pontevedra entregaranse o vindeiro 20 de xaneiro, día de San Sebastián, nun pleno extraordinario de honra que levará a cabo no Teatro Principal. O xurado terá que decidir previamente a quen concede este ano os galardóns. 

Nesta ocasión presentáronse catro candidaturas para persoa física e outras catro para persoa xurídica.

Categoría persoa física:

Categoría persoa xurídica:

  • Escola de Xadrez Pontevedra, candidatura presentada polo Casino Mercantil e Industrial de Pontevedra, que quere mostrar o seu apoio ao seu labor educativo e social, ademais do seu compromiso solidario co campamento de refuxiados de Azraq en Xordania.
  • Clínica Médico-estética Trini Maquieira, candidatura presentada por Amencer- Aspace. Valórase o labor altruísta con mozos que padecen parálise cerebral. 
  • Landín informática, candidatura presentada por Aempe e AJE Pontevedra.
  • Mancomunidade de montes en man común do Concello de Pontevedra, candidatura presentada pola federación de asociacións de veciños Teucro.