Un turismo ardeu completamente durante a noite deste domingo ao luns en Altamira, na parroquia de Dena, en Meaño.
O servizo de emerxencias do Concello de Sanxenxoconseguiu extinguir o lume sen que se rexistrasen feridos, quedando os danos limitados ao propio automóbil.
O incidente produciuse mentres o vehículo permanecía aparcado, segundo informou o Concello de Sanxenxo.
Os efectivos de emerxencias desprazáronse ao lugar tras recibir o aviso e actuaron rapidamente para controlar as lapas e evitar que se propagasen na contorna.
Segundo datos oficiais da Asociación Española para o Desenvolvemento e Impulso do Vehículo Eléctrico (AEDIVE), os incendios de vehículos térmicos rexistran unha taxa de 3,1 casos por cada 10.000 automóbiles de gasolina e 3,7 por cada 10.000 de diésel.
Entre as causas máis frecuentes dos incendios vehiculares figuran os fallos eléctricos, problemas no sistema de combustible, sobrequecemento do motor e curtocircuítos.