O Concello de Sanxenxo decidiu baixar estes días a bandeira azul que ondea na praia de Areas ao non darse as condicións para facelo.
O motivo foi, segundo a información oficial facilitada, que as últimas analíticas realizadas pola Consellería de Sanidade deron "alterados" os parámetros no extremo esquerdo da praia, concretamente, na zona do regato.
Por este motivo, o Concello non recomenda o baño nesa zona do areal e decidiu baixar a bandeira.
Esta situación manterase, polo menos, ata o luns día 25 de xullo, cando Sanidade repetirá as análises para saber se dan as condicións de salubridade.
Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde
Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.