Arrancan as obras do Plan de Vías de Cerdedo pola parroquia de Quireza

Cerdedo Cotobade
21 de novembro 2018

Jorge Cubela visita a renovación do firme nos camiños interiores dos Castros

Visita ás obras dos Castros
Visita ás obras dos Castros / Concello de Cerdedo-Cotobade

O Concello de Cerdedo-Cotobade acaba de comezar coas obras do Plan de Vías 2018-2019 correspondentes co territorio de Cerdedo e vén de inicialas pola parroquia de Quireza, que é a que contará cun traballo máis intenso.

Ante o inicio deste proxecto, o presidente municipal, Jorge Cubela, desprazouse ata Os Castros xunto con traballadores municipais para supervisar estas tarefas e controlar o cronograma de execución.

Este primeiro lote de acondicionamento viario comeza polos asfaltados de Fondós, Os Castros e o acceso á estación potabilizadora.

Xa se están facendo os traballos previos para o difícil ensanchamento de Limeres e a continuación actuarase en Cachofés e Tomonde.