Comezaron ás obras de construción da nova edificación para a Escola de Música, Escola-Taller e outros usos municipais, enmarcadas no Plan de Reequilibrio posto en marcha pola Deputación de Pontevedra.
O proxecto, que arrancou este martes en Caldas co derribo dun muro, conta cun orzamento dun millón de euros dos cales a Deputación achega preto de 800.000 euros e o concello 200.000.
En liñas xerais, a actuación que se vai desenvolver na vila consistirá na posta en marcha dun edificio multiusos adaptado e accesible que albergará nun único espazo á Escola de Música, á Escola Taller e acollerá un espazo polivalente.
Amais, ao edificio vaise acceder por unha nova praza pública, aberta ao público e accesible, que permitirá integrar á veciñanza, ás persoas asistentes ás escolas, aos integrantes da banda de música da vila e os peregrinos que transcorren polo Camiño Portugués.
Tamén se acondicionará un espazo de manobras e un invernadoiro a carón da praza e do novo edificio.