Arrancan os programas Arela e Verea para fomentar o emprego en Pontevedra

Pontevedra
19 de xaneiro 2016

A Concelleira de Promoción Económica do Concello de Pontevedra, Anabel Gulías, presentou este martes os programas Arela e Verea co que se pretende reactivar o servizo de orientación económica, apostando pola formación

Anabel Gulías, concelleira e Fran López, responsable do programa ILES
Anabel Gulías, concelleira e Fran López, responsable do programa ILES

A Concelleira de Promoción Económica do Concello de Pontevedra, Anabel Gulías, presentou este martes os programas Arela e Verea co que se pretende reactivar o servizo de orientación económica, apostando pola formación.

Anabel Gulías explicou que por unha banda se continuará coa liña máis "tradicional" que marca a Xunta de Galicia a través de obradoiros e formación ocupacional, e dentro da Iniciativa Local de Emprego Social (ILES), no marco das axudas do Fondo Social Europeo, esta concellería apostará por "novas accións" cun "enfoque diferente".

Así, o Arela "terá como fin a mellora da empleabilidad".  Neste programa participarán 75 persoas organizadas en grupos.

O prazo de incripción empeza o 4 de febreiro ata o 4 de marzo

A formación que se lle dará será a demanda dependendo se buscan emprego por conta allea ou propia. Será o grupo o que pida a formación que quere recibir.

Pola súa banda o Verea estará destinado a 20 pequenas e medianas empresas que xa estean en marcha e que busquen o mantemento do emprego. É este sentido, o obxectivo é que estes negocios poidan mellorar os seus beneficios ou aumentar o seu número de traballadores.

O orzamento para o programa Arela é de 54.000 euros e o do Verea é de 10.000 euros.

O prazo de incripción empeza o 4 de febreiro ata o 4 de marzo.

As bases e inscrición para os planes Arela e Verea poderanse descargar na web do Concello www.proxectoiles.es a partir da próxima semana Toda a información tamén no correo [email protected]; teléfonos 986.848552 ou 986. 841606 ou dun xeito presencial na Casa da Luz.

O proxecto Iles no que se enmarcan os planes Arela e Verea naceu no ano 2002 e ten acadado un índice de inserción laboral do 45%, de acordó cos datos aportados polo seu responsábel, Francisco López.