O tradicional oficio de palilleira é laborioso e vocacional por ese motivo resulta rechamante o éxito da convocatoria anual que logra a Asociación de Palilleiras de Monte Porreiro 'A Fieitiña', que congrega máis dun millar de participantes no Recinto Feiral no Encontro de Palilleiras Cidade de Pontevedra.
Nesta oitava edición, a temática centrábase en Exipto e déronse cita artesás procedentes de distintos puntos de Galicia, ademais de auténticas mestras do encaixe chegadas de Uruguai, Portugal, Alemaña ou Italia.
Durante este encontro promóvese esta actividade tradicional con postos de venda de encaixe e de utensilios, ademais da demostración das diversas técnicas con talleres de iniciación e dousexposiciónes de traxes rexionais e de época elaborados con encaixe
As artistas do encaixe volven exhibirse no Recinto Feiral
Pontevedra
27
de abril
2014
O oitavo Encontro de Palilleiras Cidade de Pontevedra congregou miles de artesás procedentes de Galicia e tamén doutros países como Uruguai, Portugal, Alemaña ou Italia
Máis novidades