As autoridades sanitarias instan a acudir aos cribados voluntarios ante a baixada da participación

Pontevedra
05 de xullo 2021

As últimas convocatorias rexistraron unha preocupante baixada na asistencia. O caso máis rechamante foi co alumnado do Carlos Oroza onde estaban citados 348 persoas pero tan só acudiron 96, é dicir o 27,5 %

Test de detección da covid-19
Test de detección da covid-19 / Mónica Patxot

Desde a xerencia da área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés instan á poboación para acudir aos cribados voluntarios que se están efectuando para detectar a incidencia da covid-19.

As últimas convocatorias rexistraron unha preocupante baixada na asistencia. O caso máis rechamante foi co alumnado do Carlos Oroza onde estaban citadas 348 persoas pero tan só acudiron 96, é dicir o 27,5 %.

Igualmente no cribado poboacional convocado en Marín para mozos de entre 17 e 20 anos estaban citadas 785 persoas pero tan só acudiron 397, o 50,57%. Similar ao ocorrido en Poio para este grupo de idade. Eran 330 os citados e acudiron 189.

A casuística repetiuse co alumnado do instituto Sánchez Cantón, do Sek-Atlántico, Xunqueiras 1 e 2, Frei Martín Sarmiento, Sagrado Corazón ou o Valle Inclán.

Estas probas preventivas puxéronse en marcha nesta área ao estar afectada polo megabrote de Mallorca e para frear escalada de contaxios derivados.

Os municipios de Pontevedra e Poio xa subiron no nivel de restricións o que está a ter importantes repercusións económicas para o sector hostaleiro e, especialmente, para o lecer nocturno.