As Cámaras de Comercio de Galicia celebrarán o II Foro de Innovación en Pontevedra

Pontevedra
01 de xuño 2015

Este foro vai celebrarse o 19 de xuño e inclúese no marco do programa InnoCámaras, que permitirá a máis dun cento de pymes incorporar procesos de innovación na súa estratexia empresarial
 

Pleno da Cámara de Comercio PontevedraViva

O Pazo da Cultura de Pontevedra converterase, o 19 de xuño, na sede do Foro InnoCámaras de Galicia ao que acudirán máis de 100 pemes galegas. Trátase do Segundo Foro que o Programa InnoCámaras desenvolve na comunidade, despois do celebrado en 2007 en Ferrol.

Este evento diríxese a pequenas e medianas empresas (PEME) que buscan mellorar a súa competitividade a través da incorporación da innovación nos seus procesos produtivos. Ademais, o Foro da Innovación é punto de encontro para o intercambio de experiencias e difusión de mellores prácticas na área da innovación.

Esta cita empresarial contará con tres promotores de proxectos innovadores de éxito de Galicia e ofrecerá a posibilidade de coñecer e compartir experiencias entre as PEME que participen.

InnoCámaras permite realizar diagnósticos individualizados ás empresas que o soliciten, co fin de detectar as súas necesidades en materia de innovación. Nunha fase posterior ofrece apoio económico para levar a cabo os plans necesarios que garantan a rendibilidade e competitividade das empresas.