As carpas de Engado Marín abren as súas portas na Alameda e o Parque Eguren

Marín
17 de decembro 2021

A carpa da Alameda, destinada a público infantil, ten ludoteca, hinchables, parque de aventuras e un circuito de seguridade vial. A do Eguren, para maiores de 12 anos, terá scape room, xogos de mesa, simuladores 3D e ata un circuito de drons

Engado Marín Concello de Marín

Xa abriron as carpas Engado Marín, cheas de actividades para todas as idades coas que desfrutar durante os días de vacacións.

Están instaladas na Alameda e no Parque Eguren. A da Alameda, destinada a público infantil e a carpa do Parque Eguren, pensada para rapaces a partir de 12 anos.

A concelleira de Festas, Marián Sanmartín, avanzou que en ambos casos "haberá un estrito protocolo da Covid19 para poder garantir que estas actividades se desenvolvan con toda a seguridade". 

A carpa da Alameda conta cunha ludoteca, hinchables de todo tipo, un espazo destinado a parque de aventura e un circuito de educación vial. Pola súa parte, a carpa do Eguren ten scape room, simuladores 3D, un circuito de drons para probar o uso destas ferramentas, cinco mesas con xogos como o Jungle Speed, o parchís, as damas ou o Jenga, billares e futbolíns.

PROTOCOLO

En ambas carpas, haI unha toma de temperatura antes de entrar, estaciones de hixiene á entrada de cada instalación con xel hidroalcohólico, limpeza de mans e protocolo estrito para todos os monitores e máquina de renovación de aire e de ozono, así como sinalización con carteles nos que se poden ler todas as medidas. 

Ademais, o uso das máscaras será obrigatorio, excepto para os nenos de menos de seis anos que vaian á carpa infantil, para os que só estará recomendado. Asemade, desinfectarase o material de xeito frecuente e establecéronse aforos: 160 persoas para a carpa infantil e 200 para a do Parque Eguren. No caso da Alameda, o acceso estará restrinxido aos nenos e nenas, sen que poidan entrar familias, precisamente para poder aproveitar o aforo dispoñible e ter os grupos organizados polo amplo equipo de monitoraxe que estará ao cargo da rapazada dentro da carpa.

As quendas serán de 11.30 a 12.20, de 12.30 a 13.20, de 17.00 a 17.50, de 18.00 a 18.50, de 19.00 a 19.50 e de 20.00 a 20.50; deixando 10 minutos entre quenda e quenda para desaloxar e desinfectar.

No caso do Parque Eguren, non haberá quendas estipuladas, pero poderán establecerse no caso de que o equipo de monitores e de organización o considere preciso para velar polo cumprimento do aforo en todo momento. O horario no caso desta carpa será de 12.00 a 14.00 e de 17.30 a 21.30 horas. 

En ambos casos, as carpas estarán pechadas os días 25 e 1, e só abrirán pola tarde o 20, 21 e 22 de decembro.