As Festas das Dores chegan ao seu ecuador cun grande éxito de público

Ponte Caldelas
31 de agosto 2015

Unha Alameda de Ponte Caldelas chea a rebosar durante a actuación da Banda de Música de Salcedo dan boa conta do éxito de participación cidadá nesta edición das Festa das Dores

Alameda de Ponte Caldelas durante o concerto da Banda de Música de Salcedo
Alameda de Ponte Caldelas durante o concerto da Banda de Música de Salcedo / Concello de Ponte Caldelas

Unha Alameda de Ponte Caldelas chea a rebosar durante a actuación da Banda de Música de Salcedo dan boa conta do éxito de participación cidadá nesta edición das Festa das Dores.

Este punto neurálxico da programación festiva estase a converter nun fervedoiro de persoas e espectáculos, acadando uns niveis de público que, segundo o goberno municipal, poucas veces se recorda en Ponte Caldelas.

O alcalde, Andrés Díaz, manifestou a súa satisfacción "polo nivel de implicación veciñal que soubo comprender a necesidade da súa participación para reivindicar a vixencia do esplendor destas festas que teñen agora entre o luns e o martes o seus días grandes".

No caso da primeira o prato forte será o festival Son de Ponte Caldelas, organizado en colaboración coa Banda de Gaitas Os Coribantes de Buchabade e que é un escaparate para os grupos e agrupacións musicais e folclóricas que atesouran as distintas parroquias e lugares de Ponte Caldelas.

As Festas das Dores rematarán na noite do martes ao mércores cunha verbena amenizada polas orquestras Marbella, Paladium e Miramar que se prolongará ata as oito da mañá do mércores que será festivo local en Ponte Caldelas para maior descanso dos asistentes a estas celebracións