As Festas de Santiaguiño enchen de luz a noite do 25 de xullo

Pontevedra
26 de xullo 2019

Numerosas persoas puideron seguir a tirada de fogos de artificio nos arredores do río Lérez. A festa continúa este venres coa Homenaxe aos maiores do barrio do Burgo, que terá lugar no Teatro Principal de Pontevedra

Fogos de artificio das Festas de Santiaguiño do Burgo Diego Torrado

Cunha gran tirada de fogos de artificio nas beiras do río Lérez concluía a xornada deste 25 de xullo, celebración do Día de Galicia, dentro das Festas de Santiaguiño do Burgo.

Numerosos espectadores achegábanse ata zonas próximas ao río para ver os espectaculares fogos. O tempo acompañou para a realización deste evento, despois dunha mañá de chuvias sobre as Rías Baixas.

A actividade destas festas continúa este venres coa celebración do XXI homenaxe aos maiores do barrio do Burgo no Teatro Principal, coa presenza das concelleiras Pilar Comesaña e Gloria Blanco  e coa actuación das pandereteiras de Verducido. Será a partir das 20.00 horas.

A celebración continuará este sábado 27 co pasarrúas do grupo Duos Pontes, a partir das 11.30 horas e coa verbena popular durante a noite. O domingo chegará o fin de festa co Día Infantil a partir das 18.00 horas nas atraccións instaladas no Recinto Feiral.