As inscricións para visitar o convento de Santa Clara abrirán o martes

Pontevedra
26 de maio 2024

O convento de Santa Clara abrirá de novo as súas portas durante o mes de xuño para acoller as visitas guiadas. O prazo de inscrición comeza este martes a partir das 9:00 horas e poderá realizarse na web do Museo de Pontevedra

Visitas guiadas a Santa Clara
Visitas guiadas a Santa Clara / Cristina Saiz

O convento de Santa Clara abrirá de novo as súas portas durante o mes de xuño para acoller as visitas guiadas a cargo do persoal da área de Educación do Museo de Pontevedra.

Para poder asistir, a Deputación de Pontevedra abrirá este martes 28 de maio ás 9:00 horas as inscricións, que poderán solicitarse a través do sitio web do museo. As xornadas de portas abertas terán lugar o venres 7 de xuño ás 18:00 horas e os días 8, 15, 16, 22 e 23 de xuño ás 11:00 horas.

As visitas realizaranse en grupos de 20 persoas e terán unha duración dunha hora. O percorrido iniciarase na igrexa e, a continuación, visitaranse estancias como o coro baixo, o coro alto e mais o claustro. Ademais, as visitas tamén permitirán coñecer a zona verde do convento, tanto a horta como o bosque.