As Letras Galegas seguen a celebrarse en Príncipe Felipe

Pontevedra
19 de maio 2018

Están a realizarse talleres, concursos, exposicións, espectáculos, e haberá un acto central de homenaxe o próximo día 24 no que se entregarán premios, farase unha lectura pública de textos e entregarase un agasallo á familia de María Victoria Moreno

Celebración do Día das Letras Galegas en Príncipe Felipe
Celebración do Día das Letras Galegas en Príncipe Felipe / Deputación de Pontevedra

A cidade infantil de Príncipe Felipe celebra por primeira vez as Letras Galegas cunha programación conxunta para os máis de 200 mozos e mozas en acollemento. 

Por iso, aínda que o día 17 de maio pasase, están a realizarse obradoiros, concursos, exposicións, espectáculos, e haberá un acto central de homenaxe o próximo día 24 no que se entregarán premios, farase unha lectura pública de textos e entregarase un agasallo á familia de María  Vcitoria Moreno.

Segundo explicou a deputada delegada do centro, Eva Vilaverde, a homenaxe a María Victoria Moreno deste ano no Día das Letras Galegas foi a "desculpa perfecta" para promover as actividades conxuntas, xa que a autora foi unha persoa moi próxima ao persoal que traballa no centro.

Entre as actividades que se están desenvolvendo destacan os talleres nos que as e os menores están a realizar carteis con lema sobre o Día das Letras, debuxos artísticos e tamén relatos e contos breves. Todos estes traballos participarán en tres certames con varias categorías nas que os premiados recibirán un diploma acreditativo, un agasallo e un pequeno bono para material escolar ou entradas para algún espectáculo. 

Tamén se organizou no centro unha exposición con sete paneis informativos sobre a figura da escritora homenaxeada.

Así mesmo, tamén se vai a realizar o próximo día 22 un espectáculo dentro da programación 'María Victoria Moreno a escena!' do departamento de Cultura da Deputación, a cargo de Polo Correo do Vento, baixo o título 'Unha historia de amor. Homenaxe a María Victoria Moreno'.

Por último o acto central de homenaxe terá lugar o xoves 24 ás 16.15 horas,

Arquivado en