As mariscadoras da provincia de Pontevedra participaron este sábado nunha xornada de convivencia e traballo co obxectivo de debater e analizar a situación do sector desde diferentes perspectivas.
Baixo o lema ‘Construíndo Xuntas’ a Consellería do Mar organizou esta actividade para que as profesionais fortalecesen os seus lazos, intercambiaran coñecementos e explorasen novas oportunidades.
Para iso, combinouse a celebración de mesas de traballo nas que se abordaron aspectos como o empredemento feminino, a comercialización de produtos pesqueiros, as necesidades e retos aos que se enfrontan as directivas das agrupacións a pé e confrarías así como as oportunidades que ofrece o turismo mariñeiro e a realización de accións de recollida de lixo, entre outros coa celebración de actividades culturais e de lecer.
Nesta iniciativa, celebrada na Illa de San Simón, participou a directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Marta Villaverde, que agradeceu a participación de preto dun centenar de mariscadoras e destacou que esta cita amosa dun xeito claro a aposta da Xunta por un modelo de xestión do sector pesqueiro baseado na cogobernanza.
Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde
Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.