As murgas amenizan a sesión vermú na recta final do Entroido de Pontevedra

Pontevedra
09 de marzo 2019

Era algo que facían desde hai anos por decisión propia pero, a partir de agora, esta tradición oficialízase. Varias das agrupacións que participaron no recente concurso de murgas saíron á rúa para amenizar a sesión vermú do último día do Entroido de Pontevedra

As murgas animan Pontevedra na recta final do Entroido Diego Torrado

Era algo que facían desde hai anos por decisión propia pero, a partir de agora, esta tradición oficialízase. Varias das agrupacións que participaron no recente concurso de murgas saíron á rúa para amenizar a sesión vermú do último día do Entroido de Pontevedra.

A música e as irónicas letras destas murgas puidéronse escoitar, este mediodía, en catro prazas de Pontevedra: Curros Enríquez, Méndez Núñez, Verdura e Leña.

Ata alí desprazáronse os seus compoñentes para animar esta xornada de sábado, na que tamén terá lugar a traca final do entroido pontevedrés, a queima do Loro Ravachol.

Nesta actividade participaron catro das murgas do concurso. Foron a murga PTV, Os do Val do Lérez, Equipo Ja e a Murga do Naveiro.

Arquivado en