As 'nadaladas' encherán de cor a Praza do Teucro ata a noite de Reis

Pontevedra
20 de decembro 2019

Se aínda tes que comprar algún agasallo de Nadal ou, simplemente, buscas coñecer interesantes propostas creativas que levar para casa, non o dubides. Espérate o mercado de artesanía que, como cada ano, organiza o Centro Comercial Urbano Zona Monumental por estas festas

As Nadaladas do Teucro Cristina Saiz

Se aínda tes que comprar algún agasallo de Nadal ou, simplemente, buscas coñecer interesantes propostas creativas que levar para casa, non o dubides. Espérate o mercado de artesanía que, como cada ano, organiza o Centro Comercial Urbano Zona Monumental por estas festas.

As Nadaladas do Teucro, o nome que recibe esta actividade, abriu as súas portas este venres e, salvo os días 25 de decembro e 1 de xaneiro, estará a disposición do público todos os días de 11 a 14 horas e de 17 a 21.30 horas.

Ata 32 expositores de todo tipo participarán nesta edición da feira, na que se poderán atopar os agasallos máis orixinais: coiro, pel, cerámica, pintura, téxtil, prata, produtos apícolas, complementos, xoguetes de madeira, artesanía en olivo, cervexa artesá, arte en cristal, e un sen fin de obsequios para este Nadal.

Nesta décimo cuarta edición, case todos os expositores son da provincia de Pontevedra, xa que salvo algúns que chegan de A Coruña, Lugo e Ourense, o resto ademais de Pontevedra son artesáns de Poio, Vigo, Cangas, Bueu, Marín, O Grove e Ponte Caldelas.

Ademais deste mercado, Zona Monumental preparou máis actividades para os próximos días.

Así, o primeiro andar do mercado de abastos acollerá este sábado, a partir das seis da tarde, unha exhibición de baile de Adrián Esperón e unha clase na que poderán participar tanto nenos como adultos de forma totalmente gratuíta.

Para rematar a fin de semana o domingo 22, na praza de Méndez Núñez, haberá un concerto solidario, entre as 16.30 e as 22.00 horas, no cal se recollerá leite para Rede Axuda.