‘As Nosas Mulleres’, a exposición que homenaxea as veciñas de Ponte Caldelas

Ponte Caldelas
08 de marzo 2022

As nenas e nenos do CEIP A Reigosa escolleron mulleres relevantes na súa vida e organizaron con elas unha exposición, baixo o título ‘As Nosas Mulleres’, que dende este 8 de marzo e ata final de mes se pode contemplar na Casa da Cultura de Ponte Caldelas

Exposición ‘As Nosas Mulleres’ na Casa da Cultura de Ponte Caldelas
Exposición ‘As Nosas Mulleres’ na Casa da Cultura de Ponte Caldelas / Concello de Ponte Caldelas

As nenas e nenos do CEIP A Reigosa escolleron mulleres relevantes na súa vida e organizaron con elas unha exposición, baixo o título ‘As Nosas Mulleres’, que dende este 8 de marzo e ata final de mes se pode contemplar na Casa da Cultura de Ponte Caldelas.

Nais, avoas, tías ou madriñas son as protagonistas dunha exposición que o colexio da Reigosa, coa colaboración do Concello de Ponte Caldelas organizou con motivo do Día Internacional da Muller.

O alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz, e as concelleiras Leticia Rocha e Aurora Garrido, xunto coa directora e a xefa de estudos do CEIP A Reigosa, Estefanía Torres e Fátima Touza, inauguraron na mañá deste 8 de marzo esta mostra de máis de 50 fotografías ‘As Nosas Mulleres’.

A exposición poderá visitarse na Casa da Cultura de Ponte Caldelas de luns a venres en horario de mañá e tarde ata o 31 de marzo para que toda a veciñanza poida contemplar a particular homenaxe realizada polo profesorado e o alumnado a todas as mulleres participantes, de Ponte Caldelas e a súa contorna.