O mes de xaneiro terminou co ingreso en prisión de José Antonio P. F., que case dous meses antes disparara á súa ex muller e despois atrincheirouse na súa casa do Grove, na que acabou pegándose dous tiros. Tras varias semanas ingresado no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, recibiu o...
O presidente do Concello de Cerdedo-Cotobade entrega este xoves os premios do concurso de poesía 'A miña nai traballa', un certame que se organizaba para celebrar o 8 de marzo, Día internacional da Muller.
Esta iniciativa busca a concienciación entre os escolares da necesidade de lograr a igualdade entre homes e...
Máis dun cento de persoas asistiron na Casa da Cultura á presentación de O libro violeta das nenas e nenos de Moraña, iniciativa impulsada polo departamento de Servizos Sociais e o CPI Santa Lucía coa que se pretende introducir á poboación infantil na educación e os principios da igualdade.
Este acto...
Unha Casa da Cultura a rebordar de xente acolleu o acto institucional organizado polo Concello de Ponte Caldelas para conmemorar o 8 de marzo, Día Internacional da Muller, no que quixo dar voz a mulleres que lograron rachar cos tópicos laborais.
O evento comezou coa intervención da concelleira Pilar Couto, quen...
Unha multitudinaria manifestación polas rúas de Pontevedra puxo o broche de ouro a un 8 de marzo, Día Internacional da Muller, que volveu a ser histórico. Se xa as concentracións celebradas en horario matinal tiveron un respaldo masivo, a vespertina logrou colapsar o centro da cidade.
Decenas de miles de persoas...
A vinculación que Marín ten co seu porto e con todas as empresas que traballan no sector do mar é indubidable. De aí que este 8 de marzo, Día Internacional da Muller, o acto institucional do Concello tivera como protagonistas ás mulleres traballadoras dos elaborados do mar.
A homenaxe, extensible a...
Se en algo coinciden as miles de persoas que este 8 de marzo, Día Internacional da Muller, abarrotaron a Praza da Ferrería, é que "sobran os motivos" para saír á rúa. Ante aqueles que queren suprimir dereitos sociais xa conquistados ou que ameazan con dificultar a igualdade real entre homes...
"Hoxe, 8 de marzo, Galiza enteira treme". Así comezou o manifesto lido por Regina Pérez, traballadora do sector da alimentación, este venres ao concluír a manifestación convocada en Pontevedra pola Confederación Intersindical Galega (CIG).
Foi unha concorrida marcha polas rúas do centro da cidade que partiu ás 12:00 horas e na...
'8 de marzo, 365 días pola igualdade' é o lema utilizado pola Xunta de Galicia para conmemorar o Día Internacional da Muller. Este venres, persoal da delegación territorial da administración autonómica concentrábase nas proximidades ao edificio de Campolongo.
Ana Ortiz, secretaria territorial da Xunta destacaba o compromiso da administración autonómica en...
As dependencias e as axendas do goberno da Deputación de Pontevedra están baleiras de mulleres este venres 8 de marzo, xa que tanto a presidenta Carmela Silva, como as deputadas e as mulleres dos gabinetes secundan a folga feminista de 24 horas, á que animan a participar a todas as...
Chegou o día. Este venres 8 de marzo, Día Internacional da Muller, está convocada a segunda folga de mulleres da historia para reclamar igualdade real de oportunidades e dereitos entre homes e mulleres, unha xornada de paro feminista laboral, de coidados, de consumo, estudantil e asociativa á que están chamadas todas...
O salón de plenos do Concello de Bueu foi escenario este xoves dun debate sobre a igualdade coa celebración dun pleno no que foi o protagonista o alumnado dos centros educativos IES Johán Carballeira, IES Illa de Ons, CEIP Plurilingüe A Pedra e CPR Virxe Milagrosa.
A realización deste pleno é...
Cando fuxir de casa tras unha malleira brutal do marido podía supoñer unha denuncia por adulterio e acabar no cárcere. Cando para abortar era necesario recorrer a clínicas clandestinas ou cruzar as fronteiras cara a Inglaterra ou Portugal. Cando o divorcio non era máis que unha utopía. Cando un asasinato...
Pepa Bueno e Gemma Herrero son xornalistas. A primeira dirixe o programa 'Hoy por hoy' da Cadena Ser e con anterioridade exerceu responsabilidades de equipo e programación en diversos medios de comunicación. Gemma Herrero 'xoga' en terreos aínda maioritariamente masculinos, o xornalismo deportivo. Ambas participaron recentemente na segunda edición do...
O Concello da Lama destinará 1.135,04 euros dos fondos do Pacto de Estado de Igualdade, procedentes do Goberno de España, á realización de varios talleres co alumnado de quinto e sexto de educación infantil e primaria sobre a achega das mulleres á historia da humanidade.
Os dous primeiros talleres, coordinados polo...
Ramonas On Tour é un proxecto feminista e revolucionario recollido na programación da Deputación de Pontevedra de cara ao día internacional da muller. O compromiso do goberno provincial coa cuestión feminista é algo visible a través de numerosas accións, sempre destinadas a estender e reivindicar a igualdade, ao mesmo tempo...
'Pontevedresa, licenciada en Dereito, especialista en violencia de xénero, activista e formadora en grupos de apoio para persoas transxénero e familiares'. Así a presentaba PontevedraViva e PontevedraViva Radio o verán do ano pasado no Cara a cara a Ada Otero Huertas.
Agora, ademais, hai que engadir que é a primeira persoa...
Máis de dous millóns de impactos e máis dun millón de interaccións nas redes sociais. O éxito de 'As mulleres que opinan son perigosas' repetiuse. Este segundo Encontro de Mulleres columnistas que este sábado chegaba á súa segunda xornada no Teatro Principal converteuse nun espazo de referencia indiscutible para o ...
As xornalistas Diana López e Susana Pedreira, organizadoras do Encontro de Mulleres Columnistas, comezaban esta segunda edición co audio das principais emisoras de radio estatais e autonómica nos seus arranques matinais. En todas elas, as voces eran de homes: Alsina, Carlos Herrera, Jiménez Losantos, Xosé Valiñas... agás na Cadena Ser,...
Co motivo do Día Internacional da Muller, e da convocatoria da Folga Feminista do 8M, a Deputación de Pontevedra sumouse a esta iniciativa coa colocación dunha pancarta na fachada do edificio do Pazo Provincial co lema 'Mulleres en loita pola igualdade'.
Con este xesto, a Deputación apoia o parón do 8...
A presidenta da Deputación, Carmela Silva, presentou este xoves a programación impulsada pola institución ao abeiro do 8 de marzo, Día Internacional da Muller, que arranca este venres coa colocación nas fachadas do Pazo provincial e na sede de Vigo, dunha pancarta animando á participación na folga feminista de 24...
Con motivo da celebración do Día Internacional da Muller que se celebrará o 8 de marzo, Afundación, a Obra Social de Abanca presenta a exposición fotográfica "Nais e fillas. Dúas xeracións, un obxectivo" no Café Moderno Afundación de Pontevedra para poñer o foco na muller galega e no profundo cambio...
A campaña gráfica arredor do 8M do Concello viu a luz na mañá deste mércores. Carmen Fouces, concelleira de Cultura, amosou o seu agrado co resultado da mesma "é o que fai falta no momento necesario".
A campaña está a cargo do recoñecido humorista gráfico Luis Davila, con "Dora a Desbrozadora" como...
A praza da Chousa de Combarro aparecerá o próximo 8 de marzo, Día Internacional da Muller e xornada de folga de mulleres, decorada con mandís. Trátase de pezas de roupa que foron doadas por mulleres de Poio e que estarán arredor de toda a praza para sumarse ás reivindicacións feministas...
A plataforma Galegas 8M Marín, representada polo Espazo Feminista de Marín e polo Colectivo Feminista Zeivas, organizou esta fin de semana un taller no Multiusos anexo á Praza de Abastos para elaborar os materiais reivindicativos que animarán os actos do 8 de marzo nos que esperan mellorar o resultado do...
Pontevedra xa quenta motores para a mobilización feminista do vindeiro 8 de marzo, que se prevé que sexa tan multitudinaria, ou mesmo máis, que a realizada en 2018. Este venres, os lemas e mensaxes que presidirán a xornada de reivindicacións empezaron a debuxarse xa nun obradoiro realizado na Casa da...
A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva fixo un chamamento a todas as mulleres para que participen na folga feminista convocada para o próximo 8 de Marzo.
O vindeiro venres 1 de marzo a Deputación ten previsto colgar unha gran pancarta na fachada principal das sedes da institución en Pontevedra...
Pontevedra, a través da Concellaría de Igualdade, pon a disposición das persoas interesadas un autobús gratuíto para acudir á manifestación feminista que se celebrará o próximo 3 de marzo na cidade de Lugo.
O autobús sairá ás 8.30 horas da capela de San Roque e ás 8.45 do mercado de abastos,...
Lograr que as mobilizacións do 8-M, Día Internacional da Muller, sexan "o máis diverso, horizontal e inclusivo posible". Ese é obxectivo co que traballa a plataforma Galegas 8M. E é que os seus responsables en Pontevedra téñeno claro. Cada día "sobran máis motivos" en toda España para " saír a rúa"...
Diante das escaleiras de San Francisco, na tarde deste venres, mais de medio centenar de mulleres socialistas se concentraron para transmitir unha mensaxe "continuaremos loitando xunto ás nosas compañeiras dos colectivos feministas, con mais forza que nunca para consolidar o conquistado e forzar a transformación social que as mulleres necesitamos".
Así...
Nomes como o da xornalista directora de Hoy por Hoy da Cadena SEr, Pepa Bueno; a doutora en Filoloxía e opinadora de El País, Marta Sanz; a xornalista da CRTVG e Premio Nacional de Xornalismo cultural 2018, Ana Romaní son algunhas das principais protagonistas do segundo Encontro 'As mulleres que...
O 8 de marzo está prevista unha folga de mulleres durante 24 horas con motivo da celebración do Día Internacional da Muller Traballadora. Este martes, delegadas do sindicato CIG mantiñan un encontro para establecer as accións que van levar a cabo de cara a esa xornada.
A central nacionallista convocou unha...
O ciclo "Contrariadas", cuxa finalidade é a visibilización de mulleres que a miúdo reciben o calificativo de "espíritos da contradición" por non recibir o de feministas, dará lugar ao segundo concerto do ciclo anual no significativo mes de marzo.
Despois do éxito recibido cos concertos de Wöyza e Nathy Peluso en...
A concelleira de Cultura e Muller, Carme Fouces, avanzou este xoves a programación organizada polo Concello de Pontevedra para este mes de marzo que promete ser "un fervedoiro de actividade feminista".
Para o 14 de marzo na Casa da Luz está prevista unha conferencia de Yolanda Díaz Galego, "unha muller brava",...
Un grupo de estudantes da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte comercializa pulseiras e difunde vídeos nas redes sociais co obxectivo de recadar fondos que se destinarán á Asociación Mulleres no Deporte Profesional. Este colectivo busca eliminar as desigualdades existentes na actividade deportiva. Sen ir máis lonxe, das...
Este martes reuniuse o Consello Municipal da Muller que acordou por unanimidade dedicar o Día Internacional da Muller (8M) ás traballadoras do elaborado do mar do Porto de Marín.
Este organismo consultivo municipal xustificou a súa decisión en que este é "un sector moi feminizado que é necesario visibilizar e...