As obras da PO-308, entre A Granxa e Sanxenxo, contemplan expropiacións a seis propietarios

Sanxenxo
07 de novembro 2017

Nas seis propiedades hai un único ben afectado, trátase dun cerramento situado nas inmediacións do acceso da praia de Nanín. Está previsto o retranqueo do portal existente e a posterior reposición deste peche

Renovación das luminarias do paseo de Baltar Concello de Sanxenxo

O proxecto de mellora da PO-308 entre A Granxa e a Avenida de León, na vila de Sanxenxo, afecta ao longo dos 3,5 quilómetros que abarca o proxecto a seis propietarios, cunha extensión total de 88 metros cadrados.

Nas seis propiedades hai un único ben afectado. Trátase dun cerramento situado nas inmediacións do acceso da praia de Nanín. Está previsto o retranqueo do portal existente e a posterior reposición deste peche. O custo xa está contemplado dentro do orzamento do proxecto, que é de 276.000 euros.

O custo da expropiación dos 87,92 metros cadrados tamén está previsto dentro do orzamento e estímase un valor aproximado de 2.637,64 euros. As persoas interesadas poden consultar os detalles do proxecto na web do Concello.

En concreto, os datos desta nota están incluídos no anexo nº11. En calquera caso, calquera persoa que teña dúbidas pode aclaralas no departamento de infraestruturas do Concello, onde lle informarán de calquera cuestión relacionada con este proxecto.