As obras da rúa Progreso avanzan a pesar do mal tempo

Sanxenxo
19 de decembro 2019

A empresa traballará durante o sábado todo o día para "avanzar o máximo posible e o luns retomarán os traballos"

Obras na Rúa Progreso
Obras na Rúa Progreso / Concello de Sanxenxo

O Concello de Sanxenxo indicou que a pesar da meteoroloxía avanzan "a bo ritmo" as obras na rúa Progreso.

Este xoves os operarios da empresa adxudicataria desta reforma estiveron colocando o bordo na rotonda do cruzamento con Castelao e pola tarde formigonaron o muro de contención da rotonda da avenida de Madrid.

Tamén se iniciaron os traballos para retirar a marquesiña e os contedores soterrados.

O Concello tamén apunta que se están ultimando os detalles na zona verde próxima á Rúa Sanxenxo e empezaron a colocar a xardinería partindo desde a rotonda de Arnelas.

A empresa traballará durante o sábado todo o día para avanzar "o máximo posible" e o luns retomarán os traballos.

DERRIBA DA CASA

En canto á demolición do edificio que estivo ocupado pola empresa Muebles Alonso os operarios seguen co desentullo do interior do inmoble, xa que se atoparon con máis traballo do esperado. Retiráronse xa tres contedores de entullo.

A derriba da estrutura farase a próxima semana.