As obras de humanización integral de A Chan rematarán en octubre

Cerdedo Cotobade
13 de agosto 2019

O proxecto conta cun investimento de 450.000 euros onde se inclúe a consecución do terreo no que se crearán 55 prazas de aparcamento público e gratuíto fronte ao centro médico ademais do ensanche de beirarrúas, a creación de grandes espazos para os veciños, e a mellora estética da praza e do contorno da capela de San Roque

Obras en A Chan no Concello de Cerdedo-Cotobade
Obras en A Chan no Concello de Cerdedo-Cotobade / Concello de Cerdedo-Cotobade

As obras do proxecto de humanización integral de A Chan, en Cerdedo-Cotobade están a chegar ao seu fin.

Segundo adiantou o alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, a terceira fase das obras terminarán a principios do mes de outubro.

O proxecto conta cun investimento de 450.000 euros onde se inclúe a consecución do terreo no que se crearán 55 prazas de aparcamento público e gratuíto fronte ao centro médico ademais do ensanche de beirarrúas, a creación de grandes espazos para os veciños, e a mellora estética da praza e do contorno da capela de San Roque.

Conforme dixo Cubela "as obras foron a modo para non ter levantada toda a vila no San Roque desta fin de semana e logo acabarán con celeridade", dotando de moviliario urbano a toda a zona para favorecer a confortabilidad do núcleo, a implantación de medidas de acougado de tráfico ou o acondicionamento peonil da capela.