As obras de remodelación do depósito de auga da Costa avanzan a bo ritmo

Marín
26 de abril 2022

O depósito de auga da Costa forma parte do sistema de abastecemento de auga potable a Marín e nesta actuación remodelarase toda a instalación hidráulica que, a pesar de atoparse en servizo, presenta un avanzado estado de deterioración

Obras de rehabilitación do depósito de auga da Costa en Marín
Obras de rehabilitación do depósito de auga da Costa en Marín / Concello de Marín

O goberno local de Marín informa do avance da obra de rehabilitación integral do depósito de auga da Costa, que deu comezo a principios de ano.

O obxectivo do proxecto é remodelar toda a instalación hidráulica, xa que, a pesar de atoparse en servizo, presenta un avanzado estado de deterioración.

O depósito de auga da Costa forma parte do sistema de abastecemento de auga potable a Marín.

Con esta actuación, acondicionarase todo o depósito, incluíndo a cámara de chaves, e renovarase a caldeirería e as válvulas, coa finalidade de facilitar o control e manipulación do sistema.

Estes traballos contan cun orzamento de máis de 163.000 euros con cargo ao Plan Concellos da Deputación de Pontevedra.