As obras da residencia de maiores de Campolongo entran na fase final e prevese que finalicen este ano

Pontevedra
21 de abril 2025
Actualizado: 8:19

O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria lembrou que con estas actuacións se mellorará a eficiencia do centro e crearanse novos espazos específicos de atención aos usuarios

Obras na residencia de maiores de Campolongo
Obras na residencia de maiores de Campolongo / PontevedraViva

As obras da residencia de maiores de Campolongo encarna xa a súa fase final e prevese que finalicen este ano.

Así o deu a coñecer este domingo a Xunta de Galicia tras a visita ao centro do director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo.

Antón Acevedo mantivo un encontro co persoal e os usuarios e destacou "o avance e a boa proxección" das obras.

Ademais, lembrou que con estas actuacións está a mellorarse a eficiencia do centro e crearanse novos espazos específicos para a atención dos usuarios.

Así, están a reorganizarse as zonas de comedor e enfermaría, cubrirase a terraza para adaptala a novas utilidades, reservando un espazo exterior, instalaranse novos ascensores e caldeiras, e mellorarase o illamento térmico do edificio.

O director xeral destacou tamén que as reformas do segundo piso permitirán mellorar a súa accesibilidade para destinalo ás persoas máis dependentes e poder ofrecer unha atención máis específica e especializada.

As actuacións nesta residencia pública autonómica supoñen un investimento que ascende a 4 millóns de euros.