As probas PCR practicadas ao persoal do Centro Príncipe Felipe que tiveron contacto estreito co menor infectado arroxan un resultado negativo, informan desde a Deputación, onde permanencen á espera dos resultados do test practicada a un sétimo traballador que esperan recibir nas próximas horas.
O pasado luns, o goberno provincial xa informara que as probas realizadas a outros seis menores deran negativo. Aínda así, tanto os internos como os traballadores cumprirán unha corentena preventiva.
En canto ao menor que deu positivo, continúa asintómatico cumprindo a corentena prescrita polas autoridade sanitarias na residencia do Centro, desde a que seguirá as clases de forma telemática.