As peñas enchen o centro histórico

Pontevedra
06 de agosto 2017

Esta fin de semana repetiuse o rito e o sábado saíron as peñas para tomar o centro histórico, do mesmo xeito que sucederá o domingo. Os grupos de adolescentes copan a zona vella durante as primeiras horas da tarde crecendo a idade dos participantes a medida que avanza a xornada e ata ben entrada a madrugada

Día de peñas en Pontevedra
Día de peñas en Pontevedra / Diego Torrado

O espectáculo dos recortadores na feira taurina de Pontevedra foi o sinal esperado por miles de mozos para celebrar unha xornada de peñas. O Concello consente o consumo de alcol nas rúas os días nos que hai espectáculo na Praza de Touros e con esa escusa reúnense as peñas, sexan ou non, afeccionadas á tauromaquia.

Esta fin de semana repetiuse o rito e o sábado saíron as peñas para tomar o centro histórico, do mesmo xeito que sucederá o domingo.

Os grupos de adolescentes copan a zona vella durante as primeiras horas da tarde crecendo a idade dos participantes a medida que avanza a xornada e ata ben entrada a madrugada.

O ritual esixe aos peñistas vestir unha camiseta identificativa do seu grupo, incorporando logo diferentes complementos á vestimenta. Os outros dous elementos característicos da festa son: o calimocho e as pistolas de auga.