As 'PequeTapas' súmanse á oferta de Sanxenxo Degusta Tapas

Sanxenxo
24 de maio 2016

Os máis pequenos da casa tamén poderán participar na programación dos concursos Sanxenxo Degusta Tapas e Degusta Drinks. Será grazas ás actividades complementarias que se desenvolverán ata o próximo día 12 de xuño en diversos establecementos do municipio

Clase de cociña para nenos con Pepe Solla
Clase de cociña para nenos con Pepe Solla

Os máis pequenos da casa tamén poderán participar na programación dos concursos Sanxenxo Degusta Tapas e Degusta Drinks. Será grazas ás actividades complementarias que se desenvolverán ata o próximo día 12 de xuño en diversos establecementos do municipio.

Así, Turismo de Sanxenxo celebrará os días 10 e 11 de xuño uns talleres para nenos que conten polo menos con cinco anos de idade.

Trátase das PequeTapas, unha actividade que terá lugar na Sala Nauta desde as 18 horas ás 19.30, no caso do venres día 10 e desde as 11 ata as 12.30 horas na xornada do sábado día 11 de xuño.

Será Rocío Garrido, editora do blogue gastronómico La cocina de mi abuelo e autora do libro Cociñando coas razas autóctonas a encargada de ensinar aos asistentes para preparar miniaturas gastronómicas, pero para iso os escolares interesados en asistir deberán formalizar a inscrición antes do 7 de xuño a través da Oficina de Turismo de Sanxenxo, por teléfono no 986 720 285 ou por mail: [email protected].

O prezo de matrícula será de 5 euros e o número máximo de prazas será de 15.

Os profesionais e principiantes do sector serán destinatarios así mesmo dun taller de coctelería moderna que será impartido na Sala Nauta o próximo día 9 xuño, de 12 a 19 horas. 

As persoas interesadas en sumarse a esta iniciativa, que teñen que ser maiores de idade, deberán inscribirse na Oficina de Turismo antes do 1 de xuño. Esta actividade terá un custo de 25 euros que incluirá un kit de coctelería.