As praias de Sanxenxo ya presumen das súas dezasete bandeiras azuis

Sanxenxo
01 de xullo 2021

A praia de Silgar foi a primeira de Sanxenxo en estrear a súa nova bandeira azul, un distintivo que ao longo deste xoves izouse nos outros dezaseis areais que lograron renovar este recoñecemento de calidade ambiental

Izado da bandeira azul na praia de Silgar
Izado da bandeira azul na praia de Silgar / Xunta de Galicia

A praia de Silgar foi a primeira de Sanxenxo en estrear a súa nova bandeira azul, un distintivo que ao longo deste xoves izouse nos outros dezaseis areais que lograron renovar este recoñecemento de calidade ambiental.

Na que Telmo Martín definiu como a "praia urbana máis bonita do mundo", reuníronse autoridades e autonómicas, entre elas a conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, para destacar a Sanxenxo como referencia en materia de turismo sostible.

Nestas praias traballarán a diario este verán unhas 138 persoas, segundo sinalou o alcalde do municipio que, un ano máis, ten o maior número de bandeiras azuis en España.

Por iso, a este izado en Silgar acudiu o presidente de ADEAC, a asociación que concede anualmente estes distintivos. José Palacios asegurou que Sanxenxo é o "modelo para seguir" en seguridade, sustentabilidade e limpeza dos seus areais e portos deportivos.

"Moitos afirman que é moi difícil conseguir a bandeira azul, pero Sanxenxo demostra ano tras ano que é posible e que o segredo está en traballar a favor da calidade, a sustentabilidade e da seguridade de cidadáns, turistas e contorna", subliñou.

Xunto con Silgar, a bandeira azul ondeará na Lapa, Agra, Areas, Areas Gordas, Baltar, Bascuas, Canelas, Caneliñas, Espiñeiro, Foxos, Major, Montalvo, Nosa Señora da Lanzada, Panadeira, Paxariñas e Pragueira.

Ademais, recibírona os portos deportivos de Sanxenxo e Portonovo, o Real Club Náutico de Sanxenxo, a rede de sendeiros do municipio, composta por ata seis itinerarios diferentes, e o Centro de Interpretación As Telleiras. 

Na súa intervención, a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, cualificou a Sanxenxo como un "abanderado" dos municipios turísticos sostibles, ao "equilibrar" o aproveitamento da súa riqueza natural coa súa "obrigada" conservación.