As previsións de mal tempo aprazan a Festa de Volta ao Cole de Poio

Pontevedra
05 de setembro 2024

As actividades quedan adiadas e vanse desenvolver o vindeiro martes, 10 de setembro, desde as 18.00 horas na Praza da Reiboa. Os asistentes poderán gozar dunha festa Holi con pos de cores e doutras actividades de balde como obradoiros de manualidades, inchables e animación musical e baile con Javi Solla

Presentación da Festa de Volta ao Cole
Presentación da Festa de Volta ao Cole / Concello de Poio

As previsións climatolóxicas previstas para este venres, con probabilidades de choiva, levan ao Concello de Poio a aprazar a Festa de Volta ao Cole.

As actividades quedan adiadas e vanse desenvolver o vindeiro martes, 10 de setembro, desde as 18.00 horas na Praza da Reiboa.

Os asistentes poderán gozar dunha festa Holi con pos de cores e doutras actividades de balde como obradoiros de manualidades, inchables e animación musical e baile con Javi Solla. 

Nesta actividade organizada polo Concello coa colaboración do CC A Barca tamén haberá sorpresas.