As probas da ABAU, a Avaliación do Bacharelato para o Acceso á Universidade serán no caso de Galicia entre o 7 e o 9 de xullo. Así o acordou a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria xunto á Comisión Interuniversitaria de Galicia (CIUG). Estas datas quedan dentro do prazo que se estableceu a semana pasada en conferencia sectorial e puxera un prazo entre o 22 de xuño e o 10 de xullo. A marxe para publicar os resultados será ata o 17 de xullo.
No que respecta a a proba extraodinaria, Consellería e Comisión Interuniversitaria decidían esperar para determinar unhas datas concretas. O Ministerio de Educación na sinalada conferencia sectorial, expuxo que debía celebrarse antes do 10 de setembro, coa publicación de resultados antes do 18.
A Consellería, na reunión mantida este luns, reiterou a necesidade de que as probas este ano garantan de forma especial a igualdade de oportunidades e a equidade no acceso á Universidade. Tanto este departamento da Xunta como a Comisión Interuniversitaria concidieron en que un modelo de exame como o que estaba previsto contribúe a dar tranquilidade a familias e alumnos, que están a traballar sobre un determinado tipo de exercicios para preparar a ABAU.
O Ministerio de Educación propuxo un modelo de exame similar ao actual, cos mesmos tempos de realización e maior opcionalidad co obxectivo de garantir que os alumnos poidan conseguir a máxima puntuación sen que prexudique non recibir algún dos contidos previstos.