As Rías Baixas pasearán en autobús por Madrid

Pontevedra
20 de xaneiro 2017

Carmela Silva destacou que esta actuación promocional basease no aproveitamento das sinerxías que se xeran na capital de España co gallo de Fitur, "posto que milleiros de persoas procedentes de todo o mundo se dan cita en Madrid"

Autobús promocional das Rías Baixas en Madrid Deputación de Pontevedra

Un autobús turístico coa imaxe da Deputación percorrerá os puntos turísticos máis importantes de Madrid ata finais de xaneiro para promocionar as Rías Baixas.

Carmela Silva destacou que esta actuación promocional baséase no aproveitamento das sinerxías que se xeran na capital de España co gallo de Fitur, "posto que milleiros de persoas procedentes de todo o mundo se dan cita en Madrid".

Neste contexto, a presidenta provincial manifestou que así "conseguimos acadar máis presenza", e ir máis aló da presentación de destino realizada na feira "e estar nas rúas de Madrid para que todas e todos poidan ver a beleza das Rías Baixas".

O principal produto que se promocionará será, igual que na feira, o Camiño Portugués pola costa.

PRESENTACIÓN DA FESTA DO MARISCO

Tamén este venres, con motivo de Fitur, o Concello do Grove trasladouse ata a capital de España para promocionar o seu principal evento gastronómico, a Festa do Marisco. A súa 54 edición celebrarase na vila do Salnés entre os días 5 e 15 de outubro.