As rúas perimetrais do Gorgullón priorizarán a mobilidade peonil arredor da residencia Soremay

Pontevedra
22 de marzo 2021

A Xunta de Goberno local aprobaba este luns a contratación dos traballos para completar a reforma integral do barrio do Gorgullón, que afecta á travesía de Eduardo Pondal, rúa da Moa, Cortidoira, Pedro Sarmiento de Gamboa e praza de Ponte Boleira. O importe de licitación supera os 298.371 euros

Residencia Soremay en Pontevedra
Residencia Soremay en Pontevedra / Cristina Saiz

A Xunta de Goberno local aprobaba este luns a contratación para levar a cabo a reforma das rúas perimetrais do barrio do Gorgullón. O importe de licitación supera os 298.371 euros, financiado con fondos europeos FEDER. 

A portavoz municipal Anabel Gulías explicaba este luns que o goberno local quere acondicionar estas rúas perpendiculares á Rúa do Gorgullón para completar a reforma integral deste barrio pontevedrés. Desta forma, os traballos centraríanse na mellora da travesía de Eduardo Pondal, Rúa da Moa, Cortidoira, Pedro Sarmiento de Gamboa e a praza de Ponte Boleira.

O proxecto consistiría na creación de plataformas únicas favorecendo o tránsito peonil e aliviando problemas de accesibilidade cun tratamento específico na contorna da residencia de maiores Soremay, situada nesta zona.

Eliminarse prazas de aparcamento que, actualmente, dificultan o acceso ás persoas residentes, segundo explicou a concelleira. A intención é priorizar a mobilidade peonil no acceso á residencia de maiores.