Os gobernos da Deputación e do Concello teñen asumida como propia a loita contra o machismo e a prol da igualdade e neste mes de novembro, o 25 celébrase a Día contra a Violencia de Xénero, visibilízano cunha pancarta pendurada nas fachadas das súas sedes.
Foi no balcón do Pazo provincial e no da Casa Consistorial.
As pancartas "contra todas as violencias machistas" son unha denuncia pública dos micro machismos do día a día, da discriminación laboral que seguen a sufrir as mulleres, dos malos tratos, dos asasinatos... de todas aquelas accións ou omisións que tentan manter ás mulleres nunha posición de inferioridade e dependencia.