As semifinais da Corrida do Galo, este domingo en Barro

Barro
17 de febreiro 2023

A tradicional celebración da Corrida do Galo terá lugar este domingo 19 de febreiro en cinco parroquias do Concello de Barro como parte da programación do Entroido

Imaxe da Corrida do Galo en Barro
Imaxe da Corrida do Galo en Barro

A tradicional celebración da Corrida do Galo será protagonista na programación do Entroido no Concello de Barro durante esta fin de semana. O domingo 19 de febreiro ás 17:30 horas terán lugar as semifinais nas que se repartirán lacóns como premios aos gañadores de cada parroquia e, ademais, se decidirá quen pasará á gran final.

O xogo consistirá en que os participantes, cos ollos vendados e por quendas, golpeen cun pau as laranxas colgadas dunha vimbia. A persoa que tire a última se convertirá no gañador. Só haberá un intento por participante.

Tabernas e bares das numerosas parroquias de Barro como o Bar A Cantina en A Portela ou o Bar O Breixo en Barro acollerán esta tradición. Na Eira D'Arriba, en Curro, as semifinais terán lugar o sábado 25 de febreiro.

O domingo 26 de febreiro celebrarase a gran final na que os gañadores de cada parroquia se disputarán o premio dun galo.