'Equipo Ja' e 'Os do Val do Lérez' levarán o seu humor ao certame de murgas de Barro

Barro
28 de febreiro 2023

O sábado 4 de marzo celebrarase en Barro a cuarta edición do Certame de murgas que terminará a programación do Entroido no Concello

'Os do Val do Lérez' na final do concurso de Murgas de Pontevedra
'Os do Val do Lérez' na final do concurso de Murgas de Pontevedra / Mónica Patxot

Este sábado 4 de marzo celebrarase en Barro o IV Certame de murgas. O acto terá lugar na Nave da Música da vila ás 20 horas. A entrada é libre ata completar o aforo.

Esta edición contará coa presenza de 'Os do Val do Lérez' e 'El equipo Ja', os gañadores e os segundos respectivamente no Certame de Murgas de Pontevedra; e a 'Murga de Naveiro'.

Esta celebración chea de humor pon o broche final a varias semanas de actividades e rematará a programación de Entroido no Concello de Barro.