As toalliñas húmidas lanzadas no inodoro provocan graves verteduras de augas fecais en Cuntis

Umia
24 de marzo 2018

O Concello de Cuntis inicia unha campaña de concienciación cidadá para evitar que se lancen nos inodoros toalliñas húmidas, bastonciños, tampóns ou compresas. Estes produtos de hixiene persoal causan atascos e malos olores na rede de sumidoiros

Problemas na rede de saneamento en Cuntis debido ás toalliñas húmidas Concello de Cuntis

O goberno local de Cuntis decidiu iniciar unha campaña para tentar alertar á cidadanía sobre as consecuencias de verter toallas húmidas polo inodoro. Estes produtos de hixiene persoal do mesmo xeito que os tampóns, as compresas ou os bastonciños crean unha masa espesa e compacta que provoca atascos e malos cheiros nas arquetas, ademais de dano en rede de sumidoiros e terminan  obstruyendo a rede de saneamento en distintos puntos deste municipio, ao impedir o paso fluído das augas residuais.

O alcalde Manuel Campos indica que se están rexistrando obstrucións continuas na rede de saneamento e xerando vertidos de augas fecais tanto nas vivendas como na vía pública ao provocar colapsos na rede de sumidoiros urbana. Esta situación, apunta o goberno local, provoca danos ambientais, económicos e de saúde pública.

Por este motivo iniciarase unha campaña de  buzoneo informando os veciños para que deixen de lanzar estes produtos nos baños. Manuel Campos indica que a maioría das  toallitas non son biodegradables porque non están elaboradas con celulosa ou con materiais que se  desintegran ao entrar en contacto coa auga. Na maioría dos casos son plásticos e fibras resistentes que deben depositarse nos colectores de recollida selectiva.

No últimos seis meses interveuse, segundo o  Concello, en máis de 50 ocasións na rede de rede de sumidoiros. Cada servizo para resolver estes atrancos ten un custo que oscila entre os 500 e os 650 euros.

A problemática rexístrase tanto no centro urbano onde os residuos derívanse á estación depuradora (EDAR) de Meira, como nos núcleos rurais. A presenza destes produtos de hixiene persoal ocasionan danos nas bombas das diferentes estacións depuradoras.

Desde o Concello de Cuntis reclaman a Augas de Galicia da Xunta que faga campañas para sensibilizar á poboación sobre estas situacións.