As tropas francesas volven caer na Batalla de Ponte Caldelas

Ponte Caldelas
24 de agosto 2014

Centos de persoas amontoáronse nas beirarrúas próximas á ponte para seguir a recreación da batalla de principios do século XIX na que participan ao redor de 200 veciños do municipio e na que se puido ver o exército francés con cabalos e carros. Na Alameda desenvólvese tamén a Feira Antiga do Camiño dous Arrieiros, unha homenaxe aos vellos oficios tradicionais

VÍDEO - Festa da Batalla de Ponte Caldelas 2014 / PontevedraViva

Douscentos veciños de Ponte Caldelas participaron este domingo na recreación da Batalla que enfrontou ás tropas francesas cos habitantes da vila en 1809 con motivo da Guerra da Independencia. Centos de persoas seguiron nas rúas próximas á ponte o enfrontamento ficticio de asalto á fronte francés no que non faltaron cabalos, carros, fume e sonoros disparos que sorprenderon o público.

O convoi do exército de Napoleón intentaba cruzar o centro de Ponte Caldelas e os veciños impedírono coa presenza entre as súas filas do propio alcalde, Perfecto Rodríguez, que despois dunha dura batalla se facía coa espada do xeneral das tropas inimigas.

Ao mesmo tempo, na Alameda continuaba desenvolvéndose Feira Antiga do Camiño dos Arrieiros como homenaxe aos vellos oficios de Galicia e onde pode comprobarse o labor dos artesáns que traballan co cicel, con metal, coiro ou teas dentro dos diversos oficios tradicionais. No mesmo espazo, numerosos veciños puideron dar boa conta da gastronomía do país onde non faltaba o polbo á feira entre outros produtos típicos.