O Concello de Ponte Caldelas renuncia a organizar a Festa da Batalla

Ponte Caldelas
12 de setembro 2015

O goberno local xustifica a decisión na falta de previsión presupuestaria e as obrigacións económicas que deben afrontar, apuntando á "mala xestión" do anterior alcalde  

Festa da Batalla en Ponte Caldelas 2014
Festa da Batalla en Ponte Caldelas 2014

Ponte Caldelas queda sen Festa da Batalla. Pese a que estaba prevista para dentro de poucos días, 26 e 27 de setembro, o Concello decidiu renunciar á súa organización argumentando falta de previsión orzamentaria e problemas económicos.

"Está é unha decisión que non desexariamos ter que tomar, pero o noso sentido da responsabilidade e a necesidade de non poñer en perigo o equilibrio orzamentario nos fai ter que optar por esta solución", apuntan desde o goberno local encabezado por Andrés Díaz.

O actual rexedor entende que as obrigas económicas derivadas da "mala xestión" de Perfecto Rodríguez "nos obriga a establecer esta paréntese".

O equipo de goberno trasladou esta decisión ás entidades colaboradoras na organización da festa, que recrea a batalla que enfrontou ás tropas francesas cos habitantes da vila en 1809 con motivo da Guerra da Independencia.